A Deputación anuncia medidas legais ante as pintadas e ameazas contra Mosquera

PONTEVEDRA> A presidenta da Deputación de Pontevedra anuncia medidas legais ante as pintadas aparecidas nas rúas da cidade contra o vicepresidente, César Mosquera. Carmela Silva entende que son actos fascistas e ameazas e alude ao discurso do representante sindical, Xosé Ramón Piñeiro, no que este aseguraba que non poden controlar as reaccións dos traballadores na situación actual e que aínda poden ocorrer cousas máis graves.

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra condenaba esta mañá as pintadas e ameazas aparecidas en rúas da cidade en contra do vicepresidente, César Mosquera. Unhas pintadas e actitudes que definiu como fascistas e anunciou que xa se están estudando respostas pola vía legal.

Igualmente, Silva, cualificou de intolerables as verbas do representante sindical de Comisións Obreiras nas que afirmaba que aínda podían ocorrer cousas máis graves.

Pola súa banda, o delegado sindical, xustificou as pintadas realizadas na cidade como unha cuestión mínima e a resposta a unha provocación do vicepresidente, alegando que non poden controlar as reaccións dos traballadores do parque de maquinaria.

A pesar de que hoxe estaba prevista no pleno a intervención do representante sindical, esta foi retirada no último momento para, segundo Piñeiro, non caldear máis os ánimos.

Comisións volverá a pedir a quenda no vindeiro pleno para dar tempo neste mes a que exista un diálogo entre ambas partes.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/29/parque_maquinaria_depo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/29/parque_maquinaria_depo.mp4{/flowplayer}