200 bolseiros da Deputación entre a ilusión e as queixas

PONTEVEDRA> Mañá comezan a traballar os 200 bolseiros que da man da Deputación terán a súa experiencia laboral nas administracións locais dos concellos da provincia e na propia Deputación. Os mozos con estudos de grao ou ciclo superior traballarán un ano en diversas áreas segundo a súa formación, incluíndo cotización á seguridade social, soldo e vacacións.

 

O pleno da Deputación de Pontevedra acollía esta mañá a 200 mozos con titulación universitaria ou graos superiores de formación profesional para presentarlles as prácticas que realizarán durante un ano nas administracións locais dos distintos concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes e nos servizos da Deputación.

Os bolseiros recibirán unha remuneración que oscila entre os 800 euros para aqueles con título universitario e 700 para os de formación profesional, traballarán 37’5 horas semanais e cotizarán a seguridade social contando con dous días de vacacións por mes traballado.

A pesar diso eran moitos os que hoxe lle puñan reparos ás condicións da bolsa. Unha das rapazas, con estudos de turismo, queixábase de ter que traballar en fins de semana e festivos, momentos clave para o turismo como lle recordou o técnico da institución, e outro lamentaba a cláusula de exclusividade que ten a beca por non poder traballar nos pubs en fin de semana. Varios remataron acusando á Deputación de explotación e de non axudarlles realmente a atopar traballo. 

Porén eran outros os que ilusionados atopaban nesta bolsa unha oportunidade de atopar a experiencia que se adoita solicitar nas ofertas de emprego

A presidenta da Deputación clausurou o acto cun discurso non tan optimista como se puidera esperar no que rematou por pedir que se cambie a política laboral de emprego.

Nos vindeiros días a Deputación porá en marcha outro plan de emprego neste caso es colaboración con empresas privadas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/02/practicas_depo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/02/practicas_depo.mp4{/flowplayer}