Carme da Silva ten claro que o PP está detrás das protestas da Policía Local

Pontevedra> Dende o concello de Pontevedra criticaron duramente as protestas que, unha parte da policía local da cidade, realizaron durante o pregón o pasado sábado.  Carme da Silva ten claro que se trata dunha campaña orquestrada polo PP e non entende que un acto así se escenifique no inicio das festas para todos os pontevedreses.

A concelleira de festas criticou duramente a protesta que os algúns membros da Policía Local escenificaron na Praza de Pedreira durante o acto de inicio das festas da Peregrina. Carme da Silva entende que se mobilicen en actos de partido e de Goberno pero non en eventos que engloban a toda a cidadanía.

Un acto que dende o Goberno Local teñen claro que está orquestrado polo Partido Popular

Quitando este feito, dende o concello fan un balance máis que positivo da primeira fin de semana de festas, segundo de peñas onde a ambulancia que levan dende o concello tivo 10 asistencias o sábado e 6 na xornada do domingo. En canto á recollida de lixo o sábado foi de 14 toneladas e o domingo de 9.

Quedan por diante moitos días de festa e troula, hoxe concerto de Son de Seu na Praza de España e mañá martes Andrés Suárez na Ferrería e Concerto de Máxima FM na Praza de España.