A Deputación de Pontevedra denuncia o reparto de fondos ‘a dedo’ que fai a Xunta entre os concellos do PP

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra denuncia o reparto de fondos ‘a dedo’ que fai a Xunta entre os concellos do PP. Contrapoñen o modelo do goberno galego ao da administración provincial, baseado -din- nun reparto obxectivo e equilibrado. Poñen como exemplo os fondos do Plan ReacPon, do que se benefician 47 concellos da provincia. Pídenlle ao sucesor de Feijóo á fronte da Xunta que deixe de aplicar ‘políticas caciquís’ á hora de reparti-los cartos.

A Deputación de Pontevedra eleva máis de 26 millóns de euros os fondos do Plan ReacPon, destindo a proxectos transformadores nos concellos da provincia. Unha liña que busca impulsar grandes actuacións que non serían posible só cos recursos ordinarios.

O goberno provincial xa asinou os 47 convenios cos concellos que cumpriron coas bases. A presidenta provincial destaca o equilibrio co que foron repartidos os fondos, entre municipios de tódalas cores: 20 gobernados polo PSOE, 17 polo PP, 8 do BNG e 2 independentes. Silva contrapón este reparto co que se está a facer dende a Xunta.

O vicepresidente da Deputación aproveita para poñer exemplos concretos sobre o reparto de fondos do goberno galego. Contrapón o apoio da Xunta á reforma da PO-308 ao seu paso por Sanxenxo, fronte ao desleixo que sofre a humanización desta estrada no treito de Poio.

O executivo bipartito aproveita para poñer deberes ao sucesor de Feijóo na Xunta, reclamando que se apliquen criterios obxectivos e xustos entre todos os municipios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí