PONTEVEDRA> Xa coñecemos a programación completa do festival BDra Gráfica, a cita que do 27 ao 30 de xuño converterá á cidade de Pontevedra na capital do cómic peninsular. Na carpa que se instalará na praza da Ferrería localizaranse 24 postos de librarías e editoriais e nestes días pasarán ao redor de 40 autores. Presentacións de libros, exposicións e mesmo proxeccións de cinema relacionado coa BD, son outras das propostas que traerá este festival.
Do 27 ao 30 de xuño, Pontevedra converterase nunha cidade de cómic.
É só unha das iniciativas que trae ata a cidade o festival BDra Gráfica. Coa Ferrería como epicentro, aquí instalarase unha carpa que acollerá ata 24 postos de librarías e editoriais.
Moitas destas sinaturas e charlas correrán a cargo dos artistas convidados. Son máis de corenta, con nomes como Emile Bravo, Bartolomé Seguí, Bea Lema ou Aneke. Tamén estará o galego Miguelanxo Prado, que será o homenaxeado nesta edición.
Ademais haberá exposicións, como unha mostra sobre o proceso de creación do libro de Prado ‘Presas Fáciles, Voitres’, ’45 anos de cómics para sobrevivintes’ sobre os 45 anos da editorial La Cúpula ou a mostra ‘Da idea ao cómic’.
Tamén haberá espazo para o cinema, con proxeccións relacionadas coa banda deseñada, e xornadas profesionais con masterclasses e relatorios sobre fisioterapia ou intelixencia artificial.










