Pontevedra volve a ser un referente no mundo

PONTEVEDRA> O alcalde da vila portuguesa de Ponte da Barca visitou esta mañá Pontevedra para coñecer de primeira man o modelo urbano co obxectivo de mellorar no futuro a mobilidade da súa cidade.

Pontevedra volve a demostrar que é un referente no mundo e o fai grazas a visita do alcalde da vila portuguesa de Ponte da Barca. Augusto Marinho chegou esta mañá á Boa Vila coa intención de coñecer o modelo de mobilidade da cidade.

O alcalde de Ponte da Barca explicou como coñeceu a cidade de Pontevedra e que foi o que máis lle impresionou na súa visita.

Augusto Marinho reuniuse tamén co intendente da Policía Local, Daniel Macenlle, co obxectivo de analizar a mobilidade de Pontevedra e así poder incorporar este modelo na súa cidade.