POBRA> O campionato celebrarase o próximo 17 de maio e estará organizado pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza. Coa idea de celebrar na comarca unha proba de atletismo de nivel, na que tomen parte os mellores atletas galegos a nivel nacional e internacional, xorde este primeiro Trofeo Atletismo do Barbanza Día das Letras Galegas. O torneo dirixido a tódalas categorías e especialidades desenvolverase no estadio municipal da Alta o próximo dezasete de maio organizado pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza. Para o desenvolvemento da proba a organización conta coa colaboración de distintas entidades, entre elas o propio concello da Pobra do Caramiñal, a Federación Galega de Atletismo ou a propia Xunta de Galicia, a través do programa XOGADE para as categorías menores.
Inicio Deportes