A romaría do San Ramón de Bealo recupera o seu esplendor tras a pandemia

BOIRO> Despois de dous anos de restricións a consecuencia da pandemia, a romaría do San Ramón de Bealo recuperou hoxe todo o seu esplendor.

Trátase dunha das romarías máis multitudinarias e curiosas das que se celebran ó longo do ano na comarca do Barbanza.

A festa conta cunha gran tradición, remóntase a hai máis de douscentos anos, e a ela acoden un bo número de romeiros chegados dende diferentes puntos, tanto da comarca como de fóra dela.

Ó Santo atribúenselle poderes especiais para curar problemas de infertilidade ou para ter un bo parto.

Pero ademais do fervor relixioso, a romaría é un lugar de encontro para moitas outras persoas que desexan pasar unha xornada especial desfrutando da música popular e do xantar campestre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí