A flota do Cantábrico acorda reducir os topes e os días de traballo do bocarte

    BARBANZA> A organización de produtores do Cantábrico acordou rebaixar a cota do bocarte e reducir os días de traballo para regular a pesqueiría. A drástica caída da cotización, co quilo de anchoa por debaixo do euro, obrigou ós representantes das catro comunidades a adoptar estas medidas con carácter temporal. Satisfacción entre a flota galega ante o acordo de produtores do Cantábrico para regular a campaña da anchoa ante a brusca baixada da cotización da especie. Os representantes de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco acordaron reducir o número de días de traballo de cinco a catro xornadas semanais polo que os venres darase descanso ó caladoiro. Reduciranse ademais os topes á metade nos barcos máis pequenos, que disporán de cinco mil quilos diarios, e nun corenta por cento para os que superen os 120 GT que poderán descargar seis mil. trátase dun acordo temporal que poderá ser modificado no caso de que apareza bocarte de maior tamaño que faga rendible a campaña. Aínda que os armadores galegos ven con bos ollos a autorregulación para garantir a campaña da anchoa, son moitos os que demandan poder saír a faenar os venres para capturar outras especies. Lembran que as embarcacións desprazadas no Cantábrico deben afrontar numerosos gastos polo que precisan de cinco xornadas semanais de traballo.