CAMBADOS> A Directora de Turismo de Galicia, e o Presidente da Mancomunidade do Salnés asinaron esta mañá un convenio de colaboración, no que a Xunta comprometeu 200.000 euros para a promoción do turismo nos concellos da contorna.
A Xunta de Galicia achegará uns 200.000 euros para a promoción do turismo nos concellos do Salnés. Así se ratificou esta mañá na firma dun convenio entre o Presidente en funcións da Mancomunidade, Gonzalo Durán, e a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Por primeira vez este acordo ten carácter bianual, e os cartos destinaranse a internacionalización do Salnés, a execución dun Plan de E-Marketing, ao desenvolvemento de produtos turísticos, entre outros…
Nava Castro destacou o carácter estratéxico desta iniciativa que continuará coa consolidación do Salnés como destino turístico.
No 2015 a ría de Arousa acolleu case a un 17% da demanda hoteleira rexistrada en Galicia.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/03/sinatura_convenio_mancomunidade_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/03/sinatura_convenio_mancomunidade.mp4{/flowplayer}