BOIRO> Máis de 40 mozos boirenses beneficiáronse da liña de axudas para deportistas federados que pon en marcha o concello. O obxectivo é recoñecer esforzo realizado coa sñuaparticipación en competicións oficiais durante a pasada tempada.
Coa entrega destas axudas a 44 mozos boirenses de entre 9 e 23 anos, o concello de Boiro volve poñer de manifesto o seu compromiso co deporte local. As subvencións, que oscilan entre os 50 e os 800 euros, pretenden servir de apoio a aqueles deportistas federados que durante a tempada pasada participaron en competicións oficiais.
Esta convocatoria, por importe próximo ós 10 mil euros, vense sumar ás axudas que o concello presta ós clubs do municipio así como ó importante esforzo inversor que está a realizar na mellora das infraestruturas e instalacións deportivas municipais.