Roubo frustrado no Lagar ó pillar ‘in fraganti’ ós ladróns

    roubolagar.jpgPOBRA> Axentes da Garda Civil e Policía Local detiveron á presunta autora de varios roubos en tres vivendas da Urbanización O Lagar.

    {flowplayer}barbanza/roubolagar2.flv{/flowplayer}

    A suposta ladroa, que non actuou soa, foi pillada in fraganti cando se atopaba no interior dun dos domicilios. 

    Todo acontecía ó redor da unha da pasada madrugada. Un veciño da rúa Ribeiro decátase ó chegar a casa de que había varias persoas no interior do seu piso. Cando intentou abrir a porta comprobou que se atopaba fechada por dentro.

    Fuxida

    Os presuntos ladróns, o darse conta da presencia dos residentes, fuxiron a través do tellado levándo consigo diversos obxectos de valor, como xoias e unha cámara fotográfica. Dende alí saltaron ata a cuberta da casa contigua, onde abriron un pequena claraboia pola que pasaron ó interior da vivenda. Os propietarios, que se atopaban despertos, decatáronse da súa presencia porque escoitaron ruidos na escaleira. Asustados, sairon a rúa e deron a voz de alarma ás forzas de seguridade que xa se acudiran ata o lugar.

    Axentes da policía local da A Pobra e da Garda Civil de Boiro conseguiron deter a unha moza, que estaba agochada nun dos aseos da vivenda. Sospeitan que os outros asaltantes conseguiron sair voltando de novo ó tellado. Unha estrutura metálica colocada no exterior do edificio puido axudar a súa fuxida.

    Posible complicidade

    Investígase se alguén facilitou a entrada ós ladróns o interior do inmoble, xa que o portal do edificio non estaba forzado.

    A Garda Civil de Boiro leva a cabo unha investigación para aclarar o acontecido e dar co paradoiro dos asaltantes que conseguiron fuxir.

    Redacción Barbanza