Comisións Obreiras califica de “desmedidas” as declaracións da Presidenta da Deputación

[

PONTEVEDRA> O Secretario Comarcal de  Comisións Obreiras tildou de “desmedidas”, as declaracións da Presidenta da Deputación  de Pontevedra, sobre as pintadas insultantes aparecidas en relación co Parque de Maquinaria.

 

O Secretario Comarcal de Comisións Obreiras compareceu aos medios este mércores 

para calificar as declaracións da Presidenta da Deputación de Pontevedra, sobre as pintadas  aparecidas en relación ao Parque de Maquinaria.

García Pedrosa afirma que esta actuación sería un delito leve “pola aprobación da Lei Mordaza”, da que tanto Comisións Obreiras, BNG e o propio Partido Socialista están en contra. 

Ademais o representante comarcal afirmou que o que din as pintadas sobre vicepresidente da Deputación, César Mosquera, son “certas” xa que, segundo as súas palabras, “Mosquera é un mentireiro”.

Nesta rolda de prensa, o sindicato reiterou o seu ofrecemento de diálogo ao tempo que asumiu que o Parque de Maquinaria de Pontevedra é un “Oasis nun deserto”, xa que no resto do país, este tipo de servizos en deputacións e concellos, xa foron privatizados. Mentres non haxa visos de negociación, os traballadores do Parque de Maquinaria continuarán manifestándose as portas do Pazo Provincial todos os venres de 12:00 a 15:00 h.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maIo/04/ccoo_parque_de_maquinaria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/04/ccoo_parque_de_maquinaria.mp4{/flowplayer}