Un veciño de Vilagarcía en folga de fame

    VILAGARCÍA> Un veciño de Vilagarcía denunciou esta mañá, as cámaras desta casa, a terrible situación económica que esta a vivir, dende que dúas familiares as que coidaba finaran. Este vilagarcián, de 49 anos comeza hoxe unha folga de fame para chamar a atención sobre a súa problemática e conseguir que alguén o axude a retomar unha vida digna. 

     

    Case 50 anos, dos cales os últimos dezaseis se dedicou en corpo e alma ao coidado da súa nai e a súa irmán, ambas enfermas… e o triste desenlace chegou… ambas morreron con escasos meses de diferenza e Xavier tivo que buscar traballo para poder manterse, o que aínda non sabía era o “longo camiño polo deserto” que tería que percorrer para poder levar a diante unha vida digna.

    Ex traballador do sector da hostalería, voluntario en Cáritas e cociñeiro no seu tempo libre… este vilagarcián que tan só quere traballar,  vive dunha axuda que lle concedeu a Xunta para garantir a subsistencia. Un ingreso que non chega para cubrir gastos. 

    Cansado da lentitude das administracións e de acudir a entrevistas de traballo das que queda descartado automaticamente polo súa idade, este veciño de Vilagarcía decidiu empezar unha folga de fame ca que facerse ver, e denunciar a complicada situación que está vivir. Tampouco descarta manifestarse as portas do concello, a prol de conseguir axuda dos Servizos Sociais ou no seu defecto,unha oportunidade laboral ca que poder pagar as súas facturas. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/04/folga_fame_vecino_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/04/folga_fame_vecino_vilagarcia.mp4{/flowplayer}