A Asociación EnPoio recupera o espírito do Entroido

POIO> Poio non renuncia ao Entroido. A Covid obrigou a suspender o carnaval deste ano pero dende a Asociación Empresarial Enpoio organizáronse para encher de alegría o Concello. Numerosos comercios decorarán os seus escaparates e este colectivo levará a cabo un concurso nas redes sociais.

As rúas de Poio non se encherán este ano de grupos e comparsas coma esta pero iso non quere dicir que este Concello non celebre o Entroido. A Asociación Empresarial Enpoio iniciará esta semana unha campaña moi especial para recuperar o espírito do carnaval no municipio.

Pero ademais de decorar os escaparates, os integrantes de Enpoio levarán a cabo un concurso nas redes sociais. E para participar só fai falla ter gañas de revivir o Entroido.

Entre todos os participantes, a asociación sorteará un cocido, un vale de compra de 100 euros para gastar no comercio local, unha cesta de produtos de Entroido e material escolar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí