O PSOE resume os dous anos de goberno de Rueda na Xunta: inmobilismo e propaganda

PONTEVEDRA> Un goberno inmobilista pero con moita propaganda. É o resumo que fan dende o Partido Socialista dos dous anos de Alfonso Rueda á fronte da Xunta de Galicia. Para o PSOE, a xestión do presidente popular está marcada pola baixa execución e reclaman políticas públicas reais e planificación.

Para o Partido Socialista, os dous anos de Alfonso Rueda á fronte do goberno da Xunta de Galicia están marcados por moitos anuncios pero poucos feitos.

É o balance que hoxe fixeron os tres deputados autonómicos pola provincia de Pontevedra. Denunciaron a falta de avances nas cuestións que máis importante aos pontevedreses, como o emprego, o envellecemento ligado á dependencia ou a sanidade. Sinalaron que na provincia aínda hai 116 mil persoas en listas de agarda.

Os socialistas falaron tamén de transporte e vivenda, outras das principais preocupacións dos galegos. Segundo o rexistro autonómico, hai máis de 30.000 demandantes de vivenda en Galicia, dos que máis de 14.000 son da provincia pontevedresa.

Críticas ao proxecto de Altri ou á falta de medidas no sector marisqueiro, foron outras das cuestións que abordaron os socialistas.