Operación Pokemon: O Concello de Poio pide tranquilidade aos veciños

POIO> A Corporación ao completo do concello de Poio pide tranquilidade aos veciños despois da visita dos axentes de aduanas da Operación Pokemon ao consistorio no día de onte. Tras levar unha ducia de carpetas en relación aos contratos realizados coa empresa Aquagest, o alcalde quixo lembrar que o concello non está a ser investigado e que non teñen nada que ocultar.

 

Acompañado do seu grupo de goberno, o alcalde de Poio, explicaba esta tarde que os axentes de aduanas que onte requirían documentación relativa a Aquagest no concello, levaron unha ducia de carpetas con contratos de obras, contratos menores e convocatorias públicas a concurso dende os anos 2006 a 2015 nos que á empresa investigada participara, fóra ou non a adxudicataria das obras.

Unhas 60 ou 70 obras con valores entre os 200 e os 80.000€ que corresponden na súa maioría a pequenas melloras de saneamento no Concello, debido a que Aquagest é a concesionario do abastecemento de auga para Poio.

O alcalde quixo transmitir absoluta tranquilidade aos seus veciños ao igual que, afirmaron, a teñen eles.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/03/poio_pokemon.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/03/poio_pokemon.mp4{/flowplayer}