Sen avances no auditorio de O Esteiro

    O auditorio de Vilanova de Arousa mantense parado mentres a Deputación non contrate a outra empresa para realizar a obra. O alcalde do municipio, Gonzalo Durán, manifestou o seu pesar ante o retraso dos tramites nos que asegura aínda non se rescindiu o contrato coa anterior empresa.

     

    Esta mañá o alcalde de Vilanova de Arousa con parte do seu equipo de goberno reuníase co deputado Carlos López Font para falar dos avances realizados nas obras do auditorio de Vilanova que se manteñen paradas dende novembro a raíz dun acordo adoptado pola Deputación no que se anulaba o contrato coa construtora por incumprimento dos prazos de execución. Gonzalo Durán valoraba negativamente este encontro no que afirmou non se avanzou nada.

    O alcalde de Vilanova asegura que a Deputación cometeu un erro rescindindo o contrato coa anterior empresa e cre que houbese sido máis rápido seguir traballando coa mesma. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/04/reunion_vilanova_depo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/04/reunion_vilanova_depo.mp4{/flowplayer}