Tan só Boiro e Muros contarán con bandeiras azuis no Barbanza

    BARBANZA> No Barbanza é Boiro o concello que lidera o número de bandeiras azuis, con seis distintivos nas súas praias, que o colocan no segundo posto do ranking provincial tan só por detrás de Arteixo. Barraña, Carragueiros, Piñeirón, A Retorta, O Saltiño e A Ladeira do Chazo son os areais que renovan distintivo xunto co porto deportivo de Cabo de Cruz. O outro concello con bandeira azul é Muros, para a praia de San Francisco. Non figuran na lista outros municipios que tradicionalmente ostentaban algún destes recoñecementos como Ribeira, A Pobra, Rianxo ou Porto do Son que nesta edición decidiron non solicitalos. Estes municipios contarán igualmente con servizo de socorrismo pero fóra do marco establecido pola ADEAC.