Portos de Galicia busca solucións á acumulación de area en Aguiño

     RIBEIRA> Portos de Galicia está a barallar dúas solucións técnicas para resolver o problema de acumulación de area na rúa Castelao en Aguiño.

    {flowplayer}barbanza/solucionstecnicasarea.flv{/flowplayer}

    Os temporais rexistrados neste inverno fixeron que o forte vento do sur desprazara a area da praia da Catía ata a rúa Castelao. Para evitar a acumulación de áridos na vía, Portos de Galicia está a estudar dúas posibles solucións técnicas para corrixir o problema minimizando o impacto visual.

    Ademais da dar a coñecer os dous proxectos na xuntanza mantida co patrón maior de Aguiño e o tenente alcalde de Ribeira, o presidente de Portos avanzou o bo ritmo a que marcha a tramitación de dous proxectos demandados polo pósito: o dragado de mantemento e a rampla de varadoiro.

    O patrón maior amosou a súa satisfacción ante a inminente execución destes traballos que suporán unha notable mellora das condicións dos traballadores.

     Redacción Barbanza