O goberno de Nós Pobra someterase a unha cuestión de confianza

POBRA> Toma esta decisión despois de que a oposición tumbara no pleno de onte a noite a aprobación do documento orzamentario para este ano 2018. Era algo agardado. O goberno de Nós Pobra, en minoría, levou onte a pleno uns presupostos sen acadar anteriormente un consenso co resto de forzas con representación na corporación municipal. Na sesión atopouse de cheo co rexeitamento frontal do Partido Popular, e coa abstención do Partido Socialista e o BNG. A partir de aí abríanse tres escenarios posibles: volver a renegociar os orzamentos para poder levalos novamente a pleno para a súa aprobación, continuar cos presupostos prorrogados ou a a cuestión de confianza. Optando finalmente por esta opción. O executivo xa convocou un pleno extraordinario para o próximo xoves, 3 de maio, as nove da noite. De non prosperar a cuestión de confianza, que a lei permite realizar unha vez en cada mandato, tería que darse inmediatamente a presentación dunha candidatura alternativa para gobernar o Concello, cun prazo máximo dun mes para propoñela.