Arrinca a fase final do Arousa Fútbol 7

    VILAGARCÍA> Vilagarcía convértese esta semana na capital mundial do fútbol alevín e os 20 equipos de catro continentes diferentes que participan na súa vixésimo primeira edición buscan dende hoxe ao seu campión na Lomba.

     

    O Fútbol Club Barcelona sae a defender co seu xogo de toque un título que xa gañou en dúas ocasións nos últimos tres anos, pero non llo porá fácil o físico de campións como o Inter de Milán. Hoxe comezaban os encontros da fase final do Torneo Internacional Arousa Futbol 7 e dende as 9 da mañá os catro grupos disputaron 19 partidos dos 53 que se xogarán ata descubrir o nome do campión na final que se disputará o domingo ás 8 menos cuarto da tarde. Xunto ao club culé, o Real Madrid, catro veces campión, o Atlético de Madrid, o Valencia ou o Celta de Vigo aspiran a alzarse coa copa, aínda que deben vixiar ao Ajax e ao Málaga, que tamén son equipos a ter en conta. Mañá continuarán cos encontros e cruces e os cuartos de final, as semis e a gran final terán lugar todas o domingo. A entrada é de balde para o menores de 14 anos e para os maiores existe un abono de 20 euros con dereito a ver a totalidade do torneo, a entrada diaria é de 10 euros e a tarde do domingo custará 5.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/arousa_futbol_7_venres_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/arousa_futbol_7_venres.mp4{/flowplayer}