A Deputación aposta polo turismo ornitolóxico

Pontevedra> A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña de promoción do turismo ornitolóxico nas Rías Baixas e interior da provincia. Unha iniciativa que busca dar a coñecer espazos especializados cos que conta a nosa provincia e tamén sensibilizar á veciñanza sobre a necesidade de protexer este tipo de espazos. A presidenta da Deputación acompañada polo responsable en Galicia da Socidade Galega de Ornitoloxía, presentou esta mañá unha nova campaña de promoción do turismo ornitolóxico na provincia. Unha iniciativa que busca un dobre obxectivo. Unha campaña que se completa cun documental que se emitirá a finais deste ano en TVE, coas Rías Baixas e enclaves naturais do interior da provincia como protagonistas. Tales como o complexo intermareal Umia O Grove, o parque Nacional das Illas Atlánticas ou as marismas de Alba. Unha campaña moi importante que busca potenciar todo o que temos nas nosas terras. A presidenta da Deputación destacou a relevancia deste tipo de turismo que cada vez ten máis seguimento e supón unha alternativa de alta calidade, sostible e respectuosa co medio ambiente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí