Unanimidade no pleno de Pontevedra para a transferencia á Xunta da AP-9

Pontevedra> O pleno da corporación de Pontevedra rexeitou a moción de Ciudadanos na que solicitaba a instalación dun paneis de libre expresión no concello. Tampouco se lle deu luz verde a dúas mocións dos populares, unha delas centrada na creación dunha vía verde dende Monteporrreiro ata a estación de autobuses. E o resto das mocións foron aprobadas, a da transferencia da AP9 a Galicia, por unanimidade. 

130 millóns de euros ao ano, esa é a cifra de beneficio que da a autoestrada da AP9 en Galicia. Unha infraestructura que dende as filas nacionalistas creen que xa é o momento de que se transfira a súa xestión a nosa comunidade e por esta razón presentaron unha moción sobre este asunto no pleno da corporación. 

Unha moción que foi aprobada por unanimidade da corporación local pontevedresa, polo tanto cos votos a favor de Ciudadanos, de En Marea, do PSOE e do Partido Popular. 

O pleno da corporación de Pontevedra rexeitou a moción de Ciudadanos na que solicitaba a instalación dun paneis de libre expresión no concello. Tampouco se lle deu luz verde as dúas moción do PP  unha vencellada coa creación dun Plan Estratéxico do Deporte Pontevedrés e a outra centrada na creación dunha vía verde dende Monteporrreiro. Unha cita plenaria que deu luz verde a outras iniciativas como a transformación en vía verde de uso peonil e ciclista da antiga vía férrea entre Arcade e Pontevedra do BNG, a moción de Ciudadanos relativa a incorporación de aparellos de ximnasia pasiva no metrominuto a Pontevedra ou proposición do PP relativa á creación dunha unidade centralizada de control de gastos. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/24/transferencia_ap9_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/24/transferencia_ap9.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí