O Curtas Film Fest recibirá 6.000€ da Deputación

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra ven de firmar uns convenios coas organizacións de catro dos Festivais cinematográficos de máis sona da provincia e fará unha aporta económica para cada un deles que rolda entre os 6.000 e os 12.000 euros. Un destes festivais é o Curtas Film Fest de Vilagarcía.

 

O Arquivo Provincial de Pontevedra acollía esta mañá a firma de catro convenios de colaboración da Deputación de Pontevedra cos festivais da provincia máis internacionais para apoiar economicamente a súa organización realizada maioritariamente por voluntarios.

O Festival de Cans recibirá 12.000€, o Playdoc de Tui 10.000 e as festivais de curtas de Bueu e Vilagarcía 6.000€ cada unha. A de Vilagarcía, o Curtas Film Fest é o máis antigo de Galicia con 44 edicións ininterrompidas e un dos máis antigos do estado.

Para a presidenta da Deputación esta axuda non só é unha aposta pola cultura senón tamén un pulo para o sector económico e o emprego.

Festivais como o de curtas de Redondela quedaron fóra dos convenios debido a que está organizado polo concello, pero a Deputación xa está preparando outro tipo de axudas para o vindeiro ano no que si entrarían estes certames.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/10/festivais_cine_deputacion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/10/festivais_cine_deputacion.mp4{/flowplayer}