Rematadas as obras de rehabilitación no entorno da capela da Guía

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do remate das obras de acondicionamento do entorno da capela da Guía na parroquia de Carreira. O anuncio prodúcese a escasos días da celebración das Festas da Guía, o próximo luns. A actuación, cun investimento de máis de oitenta e oito mil euros, consistiu basicamente na instalación de novo pavimento con lousas de pedra granítica na fronte e na parte posterior do templo, ademais de mobiliario urbano e nova iluminación. A actuación incluíu tamén a mellora do camiño de acceso ás vivendas situadas na parte posterior da capela.