O Concello de Pontevedra “reinvéntase” para apoiar ao sector da hostalería

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra comprométese a facer todo o posible para reactivar a hostalería da cidade. Así o afirmou esta mañá o alcalde tras manter unha reunión con diferentes representantes deste sector. Entre as peticións realizadas polos hostaleiros destaca a reformulación do espazo público ou a supresión de taxas como a do lixo ou a dos veladores.

O alcalde de Pontevedra mantivo esta mañá unha reunión cos representantes do sector da hostalaría da cidade. Nela, Miguel Anxo Fernández Lores trasladou a súa vontade de reactivar a economía local reinventando diferentes actividades.

No encontro, Lores asegurou que o goberno municipal fará todo o posible para tratar de minimizar os danos económicos no sector da hostalaría. Un dos máis afectados pola crise do coronavirus. Sen embargo, o alcalde fixo tamén fincapé nas limitacións, tanto económicas como de competencias, que ten o Concello de Pontevedra.

Tras escoitar as ideas e suxestións do sector da hostalaría, o goberno municipal tratará agora de adaptalas de cara á nova normalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí