PONTEVEDRA> O coronavirus está a cambia-la vida de todos nós. O noso corpo, pero tamén a nosa mente, notan o efecto do confinamento e do paso dos días pechados na casa. Para facer esta situación máis levadeira, un equipo de psicólogos acaban de lanzar unha guía de apoio. É de balde e pódese descargar a través da internet.
Quen máis e quen menos agocha estes días no seu interior algunha preocupación: pola súa economía, polo seu traballo, pola súa saúde ou polo seu benestar. Para tentar leva-la corentena do mellor xeito posible, un equipo de psicólogos acaba de crear unha guía para que a nosa mente lle faga fronte ó coronavirus.
Dous dos creadores deste manual son pontevedreses. Explican que a idea xurdiu da cantidade de dúbidas que lles comezaron a chegar dos seus amigos, pedindo consello.
A guía inclúe recomendacións para manter activo o corpo e a mente durante o confinamento. Tamén busca dar respostas ós problemas derivados desta situación. Por exemplo, a convivencia.
Ademais da guía, este equipo de psicólogos creou unha canle de Telegram con información práctica.
Esta guía psicolóxica para supera-lo coronavirus é gratuíta. Pódese descargar na web clinicabalion.es.