O PP insta á modificación do reparto de cotas entre a flota comunitaria

    SANTIAGO> O parlamento galego aprobaba unha proposición non de lei encamiñada a modificar o reparto das cotas pesqueiras. A iniciativa, promovida polo grupo popular, ten por obxecto que a flota galega poda aproveitar os recursos excedentes doutros países comunitarios, a través da cesión ou o traspaso de cotas. Optimizar ó máximo o aproveitamento dos recursos pesqueiros da Unión Europea. Este é o obxectivo que busca o grupo popular a través desta iniciativa coa que instan á modificación do actual sistema de reparto de cotas, de xeito que as posibilidades de pesca sobrantes dunhas flotas se poidan traspasar a outras que o precisen para continuar coa súa actividade. Co modelo vixente, deixáronse de pescar dende o ano 2008 miles de toneladas asignados ós distintos estados comunitarios, tal e como indica un recente estudo elaborado pola cooperativa de armadores de Vigo . Trátase dun informe máis, dos moitos promovidos pola administración para conseguir optimizar o aproveitamento das posibilidades da flota galega. Á espera de conseguir modificar o reparto das cotas pesqueiras, dende a administración autonómica son optimistas á vista dos avances logrados ata o momento, recollidos na nova política pesqueira común.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí