Muros contratará a unha trintena de traballadores durante o verán

    MUROS> Ó tempo que xa está en marcha o proceso de selección para a contratación de dous auxiliares da Policía local, a xunta de goberno de Muros vén de aprobar as bases para a selección de doce traballadores para as brigadas contraincendios e oito para limpeza de praias. Nas próximas semanas publicarase tamén a oferta para a selección de dous informadores turísticos que podería verse incrementada á espera da concesión dunha nova subvención. Dende o concello tamén están pendente da axuda da Deputación da Coruña para a contratación de persoal que permita reforzar determinados servizos municipais durante o verán.