Lousame e Boiro promoven un novo roteiro a San Finx

LOUSAME> Os concellos de Lousame e Boiro colaborarán un ano máis na organización da cuarta edición da ruta de sendeirismo entre as Minas de San Finx e San Ramón de Bealo. A ruta, que terá lugar o sábado catro de xuño, contará cun percorrido de doce quilómetros e estará recomendada para persoas de tódalas idades cun nivel de esforzo medio-baixo. A ruta ten unha cota de inscrición de catro euros e as persoas interesadas en participar poden anotarse xa tanto en Lousame, na Oficina de Deportes, coma en Boiro, na Oficina de Turismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí