Os Cómplices dos Reis Magos ultiman todos os detalles en Pontevedra

Pontevedra> As súas Maxestades os Magos de Oriente están traballando arreo nestes días para que ningún neno se quede sen o seu agasallo neste Nadal. E con eles, tamén traballa os seus cómplices de Pontevedra, xa que 500 nenos da cidade precisan da súa axuda. Ata mañá 29 de decembro poderán entregar o seu agasallo na Casa Azul da cidade. Neste 2017, e ás portas do 2018, Pontevedra xa conta con 500 Cómplices dos Reis Magos, para que ningún neno se quede sen agasallo neste Nadal. Un programa, o de Cómplices dos Reis Magos, que se leva a cabo grazas aos servizos sociais do concello e a fundación Meniños. Un evento no que se implican moitos cidadáns, este ano 500. E as cartas que reciben estes cómplices son de todo tipo, hainas sencillas, divertidas e algunhas moi emotivas. O importante dun programa destas características é que cada neno recibe o que pide, escribíndolle a carta aos seus cómplices e solicitando o que queren para este Nadal. Unha experiencia gratificante e enriquecedora para todo o que forma parte dela, unha maneira de axudar a que non se perda en ningún pequeno a maxia do Nadal. De momento recibiron preto de 300 agasallos, ao longo do día de mañá recibirán todos os regalos que faltan e comezarán a repartilos pouco a pouco para que as súas Maxestades teñan todo listo e o 5 de xaneiro non haxa ningún neno sen agasallo no concello de Pontevedra.