O PP esixe desculpas á Deputación de Pontevedra

PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra esixe desculpas do novo goberno da Deputación. Onte anunciábase a decisión do fiscal xefe de Pontevedra de arquivar as investigacións abertas en torno a varios proxectos realizados durante a presidencia de Rafael Louzán. A Fiscalía non ve indicios suficientes de delito, e os populares piden explicacións.

 

No mes de setembro do ano pasado, a presidenta da Deputación anunciara que detectaran irregularidades na xestión dos proxectos das Pousadas do Salnés, o DepuTrans ou o DepoGap. O goberno provincial trasladou entón documentación ao fiscal xefe da provincia. Onte coñecíamos a decisión de Juan Carlos Aladro de arquivar as investigacións por non atopar indicios suficientes de delito. Hoxe, os populares esixían desculpas.

Tamén agardan do goberno de Carmela Silva explicacións sobre o futuro destes proxectos.

Moldes insistiu en que a Deputación de Pontevedra leva un ano paralizada trala entrada do novo goberno provincial, ao que acusa de falta de xestión e incapacidade.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/08/pp_arquivo_denuncias_depo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/08/pp_arquivo_denuncias_depo.mp4{/flowplayer}