En xuño aterrará en Pontevedra Experimenta, o festival do deseño urbano

Pontevedra>O concello de Pontevedra presenta Experimenta, un festival de deseño urbano que se desenvolverá na cidade dende o 21 ao 24 de xuño. O obxectivo desta iniciativa é o de visibilizar a transformación urbana vivida nos últimos 15 anos. Unha cita que tamén contará con conferencias e cun concurso de instalacións efémeras no espazo público.

A concelleira de Promoción da Cidade presentou Experimenta Pontevedra, unha cita que terá como fin ser unha porta aberta a crear na Boa Vila un espazo de reflexión, a través de instalacións efémeras, conferencias e encontros, unha proposta que promova a interacción da poboación e que poña en valor os espazos públicos.

Será catro as instalacións efémeras que se levantes ao abeiro de Experimenta Pontevedra: a xurdida do concurso, que estará na Praza de Ourense, unha dun despacho de arquitectura-urbanismo local, que estará na Praza de Santa María, outra dun equipo de ámbito estatal, que estará no Mercado e outra dun equipo internacional que estará na praza do Hospital.

Unha cita mediante a cal o concello ten como obxectivo que a cidadanía dialogue e reflexione a través do deseño urbano da cidade. Lembren Experimenta do 20 ao 24 de xuño en Pontevedra.