A Mancomunidade clausura a IV edición do Programa Emprega Salnés

    CAMBADOS> A IV Edición do Emprega Salnés chegou ao seu fin este mércores co acto de entrega de diplomas a todos e todas os que se formaron en eidos tan dispares como a impresión 3D, os riscos laborais, e contabilidade entre outros. 

     

    A cuarta edición do Emprega Salnés chegou ao seu fin despois de formar a uns 100 alumnos en diferentes oficios. Unha actividade formativa ca que se pretende aumentar as posibilidades dos alumnos fronte a busca activa de emprego. 

    A actividade promovida pola Mancomunidade do Salnés, acadou un porcentaxe do 75% de inserción laboral, despois de que máis de 70 dos seus 100 alumnos atopasen un emprego superior aos tres meses. O xerente da Mancomunidade confirmou este mércores que xa está aprobada unha quinta edición. 

    Un plan integrado de formación no que os participantes estiveron aprendendo de maneira teórica e práctica, durante meses, en 32 cursos ámbitos como a hostalería, idiomas, técnicas de vendas ou contabilidade entre outros. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/30/clausura_mancomunidade_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/30/clausura_mancomunidade.mp4{/flowplayer}