Os socios da ABE disporán de asesoramento sobre as cláusulas chan

    BOIRO> A ABE ofrece ós seus asociados un servizo especial de asesoramento sobre as cláusulas chan das hipotecas. A través do convenio asinado con Miraben Oubiña e Pardavila Avogados, os socios poderán recuperar as contías cobradas indebidamente. o incremento de casos de clientes que descoñecen a existencia de cláusulas chan nas súas hipotecas levou á Asociación Boirense de Empresarios a suscribir un convenio coa inmobiliaria Miraben e Oubiña e Pardavila Abogados. Mediante este acordo, tanto os socios da entidade como os familiares directos disporán dun servizo de asesoramento sobre a existencia destas cláusulas nos seus contratos así como condicións especiais no proceso legal para recuperar as contías xa pagadas. Os clientes non deberán realizar unha provisión de fondos posto que o despacho tan só cobrará os honorarios ó final do proceso se este é satisfactorio.O convenio ten unha duración anual renovable.