MUROS> Tres detidos, un deles un mozo de 23 anos, e catro máis investigados, entre os que se atoparía un muradán.
Este é o balance da operación Amurart levada a cabo pola Garda Civil que permitiu desartellar deste grupo criminal, radicado na cidade da Coruña, dedicado a recrutar mulas económicas para estafas tecnolóxicas.
A investigación levada a cabo polo equipo contra a ciberdelincuencia do Instituto Armado permitiu a detención desta banda que se dedicaba a captar intermediarios para o branqueo de capitais procedentes de estafas tecnolóxicas.
A operación policial iniciouse despois de ter coñecemento de varias denuncias realizadas en diferentes localidades españolas.
Segundo informaron fontes da propia Garda Civil ós implicados, ós que lle constan antecedentes anteriores por cargos similares, impútanselle delitos de estafa, branqueo de capitais, falsidade documental e pertenza a grupo criminal.
A operación segue aberta, centrándose agora en identificar ós chanzos superiores da organización criminal, responsables materiais dos delitos de estafa tecnolóxica.











