Vilagarcía asina un crédito ca única entidade que non desafiuzará a ningún veciño

    VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, confirmou a firma do crédito previsto nos orzamentos de 2016. O préstamo foi contratado ca única entidade bancaria que se comprometeu por escrito co concello, a nos desafiuzar a ningunha persoa do municipio da súa vivenda habitual.

     

    O concello de Vilagarcía asinou este venres un préstamo cunha entidade bancaria por máis de 600.000 euros, para poder levar a cabo varias inversións. O banco elixido foi o único dos consultados, que se comprometeu por escrito a non executar ningún desafiuzamento dun cidadán, da súa vivenda habitual. 

    Os cartos deste crédito irán destinados a diversas actuacións.

    O alcalde tamén se referiu na súa comparecencia as bolsas de párking, necesarias para conseguir o modelo de cidade peonil. 

    O rexedor de Vilagarcía, preguntado pola normativa de terrazas asegurou que haberá que encontrar un punto en común que favoreza tanto aos hostaleiros como aos cidadáns. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/13/varela_temas_varios _600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/13/varela_temas_varios.mp4{/flowplayer}