Primeiro encontro da Xunta co novo goberno

    PONTECESURES> Primeira visita institucional da Xunta ao novo goberno de Pontecesures. O equipo encabezado polo popular Juan Manuel Vidal mantivo esta mañá un encontro do delegado territorial en Pontevedra; reunión que aproveitaron para trasladarlle as súas demandas para os vindeiros meses. O saneamento e a rexeneración do Ulla, foron algunhas das cuestións que estiveron sobre a mesa.

     

    Catro días despois de situarse á fronte do  concello de Pontecesures trala moción de censura ao anterior executivo da nacionalista Cecilia Tarela, o novo equipo de goberno recibiu esta mañá a visita institucional do delegado territorial da Xunta en Pontevedra.

    Segundo adiantou o alcalde, o río Ulla centrará gran parte das súas políticas. Potencialo e revitalizalo, son algunhas das súas demandas.

    Non hai nin unha semana que o equipo de Vidal Seage é o responsable do goberno de Pontecesures. Así as cousas, o popular asegurou que foron días de duro traballo para coñecer a situación do concello.

    Cores Tourís aproveitou o encontro para destacar algunhas das actuacións da Xunta en Pontecesures, como a reposición da cuberta do ximnasio, da electricidade, carpintería e calefacción do CPI da Infesta ou a execución do novo albergue de peregrinos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/13/touris_visita_pontecesures.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/13/touris_visita_pontecesures.mp4{/flowplayer}