Vilagarcía mestura música clásica e deporte nunha edición especial do Clas Clas

VILAGARCIA> A música clásica e o deporte únense nunha edición diferente do Clas Clas en Vilagarcía. A organización xunto coa fundación de deportes está a organizar actividades deportivas na rúa acompañadas de música clásica. As medidas de seguridade están garantidas para todos os participantes.

O Covid 19 evitou a organización do festival Clas Clas tal e como se viña facendo dende hai 3 anos. Pero iso non freou aos organizadores, que atoparon a maneira de celebrar o festival aínda que dunha maneira diferente. A organización sacou a música á rúa e a mesturou co deporte.

A idea de organizar o festival desta maneira, foi inspirada no uso que nos ximnasios de Estados Unidos se fai da música clásica. Para a organización é unha forma de amosar á xente que a música clásica pode convivir con moitas actividades.

Este Clas Clas diferente tamén supón un bo escaparate para da a coñecer a música clásica a moitos máis públicos.

O festival comezou hoxe con clases de bicicleta no parque de Ravella e continuará mañá con outras sesións de tonificación e ioga. O xoves rematarase cunha sesión das nove na praia co concerto de Cristian Silva e Xosé Piñeiro. Todas as actividades organízanse respectando as medidas de seguridade.

O Clas Clas volverá o ano que ben, se a situación o permite, co seu formato habitual. Pero ante o éxito desta edición especial, dende a organización non descartan engadir algunhas destas actividades ao programa tradicional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí