A Valedora do Pobo visita Pontevedra

PONTEVEDRA> Educar en dereitos e abrir a institución á cidadanía son os dous obxectivos que a nova Valedora do Pobo presentou na súa visita institucional ao concello de Pontevedra. O alcalde da cidade valorou positivamente este achegamento entre administracións e súa aposta pola mediación.

 

Esta mañá a valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, visitaba de maneira oficial o concello de Pontevedra. Segundo o alcalde, esta era a primeira vez en 17 anos que leva de mandato no que un valedor do pobo os visitaba e valorou en gran medida este xesto.

Ambos representantes amosaron vontade de colaboración e foi a Valedora a que insistiu na súa intención no cargo de educar en dereitos e deberes á cidadanía e abrir a institución a todo o mundo.

En Pontevedra a valedora informou de que en Pontevedra só teñen abertas 20 queixas e que ningunha ten relación co concello. Tratan sobre a liña de autobuses Monbus que fai o traxecto Bueu-Marín-Pontevedra-Vigo, o crematorio ou a mellora das instalacións do Príncipe Felipe.

Pola mañá reuniuse tamén cos voceiros dos grupos políticos municipais e pola tarde facíao con diferentes movementos veciñais.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/18/encontro_valedora_pobo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/18/encontro_valedora_pobo.mp4{/flowplayer}