Etiqueta Negra despídese tras unha edición intensa e produtiva

PONTEVEDRA> A feira do gourmet de Pontevedra despediu hoxe a súa sexta edición por todo o alto. Durante a fin de semana a cita congregou no recinto feiral a oitenta expositores que aproveitaron o escaparate para amosar os seus produtos de máxima calidade. Milleiros de persoas achegáronse para coñecer algunhas das apostas máis novidosas, así como gozar dos showcookings, degustacións, maridaxes e incluso, sesión vermú.

Hoxe era a última xornada pero lonxe de decaer a programación de Etiqueta Negra foi intensa para despedir a edición deste ano.

Durante toda a fin de semana milleiros de persoas se achegaron ao Recinto Feiral para a que xa é unha cita imperdible co gourmet galego.

Oitenta expositores déronse cita un ano máis para dar a coñecer os seus produtos. A feira ten gañado a pulso unha boa fama como escaparate para público en xeral e profesionais.

Ademais dos expositores, showcookings, degustacións, maridaxes, charlas e incluso música, con DJ e sesión vermú, completaron a programación dunha Etiqueta Negra que xa se despediu de cara o ano que vén.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí