Ferido leve un conductor nun aparatoso accidente en Palmeira

    RIBEIRA> Ferido o condutor dun turismo que colidiu con dous vehículos estacionados na zona da Carballa, en Palmeira. O turismo, un Renault Megane que circulaba a gran velocidade, freou para evitar a unha furgoneta que manobraba no acceso a un taller. Ó perder o control saíuse da vía, impactando contra un furgón e un turismo que se atopaban estacionados no arcén. A forza do choque foi tal que acabou por desprazar este último vehículo varios metros. Ata o lugar desprazouse unha dotación de bombeiros de Ribeira aínda que finalmente non foi necesario excarcerar ó condutor. Foi traslado ó hospital do Barbanza con feridas leves.