O goberno de Boiro aproba cinco dedicacións, catro delas exclusivas

BOIRO> A proposta do goberno presentada onte no pleno establecía un total de cinco dedicacións, catro delas exclusivas, a do alcalde, José Ramón Romero, a do tenente de alcalde, José Luís Ruíz e a dos edís María Outeiral e Marcos Fajardo; e unha parcial para o concelleiro Raúl Treus.

O punto saíu adiante cos votos a favor do equipo de goberno, a abstención do Partido Popular e o voto en contra do BNG e Boiro Novo, que criticaron o excesivo gasto para as arcas municipais

Tamén saíu adiante a aprobación do persoal eventual. un posto de secretaria persoal e xefa de gabinete que lle custarán ó Concello uns 57 mil euros ó ano.

Un gasto que a voceira de Boiro Novo tamén criticou.

Na sesión tamén se aprobaban as retribucións económicas a cada edil e grupo polas súas asistencias a plenos e comisións e a periodicidade dos plenos, que seguirá a ser mensual, aínda que cambia do segundo ó terceiro xoves de mes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí