![]()
SANXENXO> O I Encontro de Lectura Lemos Xuntos celebrarase no Pazo Emilia Pardo Bazán entre o 12 e 13 de abril.
{flowplayer}images/salnes/ptac_encontro_lectura160312.flv{/flowplayer}
O Pazo Emilia Pardo Bazán, de Sanxenxo, acollerá os días 12 e 13 de abril o primeiro encontro de lectura e familia ‘Lemos Xuntos’. Serán dous días de obradoiros, contacontos, mesas redondas e conferencias, cos que se pretende animar ás familias a ler.
Os equipos das bibliotecas escolars de Sanxenxo, en colaboración coa Federación de ANPAS O Con, e a librería Nós son as promotoras deste encontro de lectura. Conta ademais coa implicación de Concello, Xunta e Nova Galicia Banco.
As xornadas serán inauguradas o día 12 de abril ás oito da tarde. A inscrición, que xa está aberta, pode facerse a través de internet ata o 25 deste mes de marzo na web http://lemosxuntossanxenxo.blogspot.com
Redacción Salnés










