O Avoa Fest volve nunha segunda edición convertido nunha romaría dos anos 50

PONTEVEDRA> Chega a segunda edición do Avoa Fest, o evento gastronómico e cultural do concello de Pontevedra para homenaxear ás mulleres que conservaron a memoria da nosa gastronomía. Faino, iso si, estreando formato. Aproveitando a volta á normalidade o Avoa Fest converterase nunha romaría na Illa das Esculturas, con certa nostalxia dos anos 50. Será o vindeiro sábado 28 de maio.

Volve o Avoa Fest pero volve cun formato totalmente novo. Para a segunda edición do festival o concello convídanos a viaxar ata os anos 50, cunha romaría na Illa das Esculturas.

Será o vindeiro 28 de maio. Blanco animou á xente a que asista vestida incluso á moda dos anos 50, para gozar da gastronomía, as actuacións musicais, as actividades de xogos tradicionais ou os obradoiros que encherán de animación a illa.

Dende a concellería de Desenvolvemento Sostible destacaron, ademais, a importancia do escenario para esta romaría. Unha contorna do río Lérez que a área busca potenciar.

A segunda edición do Avoa Fest, unha actividade incluída no proxecto Pontevedra Capital Gastro, comezará a partires da 1 do mediodía. O fin de festa será ás 10 da noite cunha verbena.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí