PONTEVEDRA> Cruce de acusacións entre o goberno da Deputación de Pontevedra e o Partido Popular. Trala visita do presidente provincial, Alfonso Rueda, á institución para un encontro co grupo político, Carmela Silva acusa a Rueda de facer un uso partidista do seu cargo de vicepresidente e dende o PP provincial parécelles unha rabecha de Silva que está fóra de lugar.
A visita de onte do presidente provincial dos populares en Pontevedra á Deputación converteuse no centro das críticas da presidenta da institución que hoxe acusaba a Alfonso Rueda de mentir nas declaracións que fixo con relación a actividade realizada no ente e de empregar o seu cargo de vicepresidente de maneira partidista.
Silva tamén considerou a visita como un acto de supervisión de Rueda aos seus deputados.
Para Carmela Silva Rueda e Feijóo teñen medo de perder as eleccións e por iso montan o que chamou “líos escénicos incomprensibles e sen sentido”.
Dende o Partido Popular o seu voceiro dixo estar sorprendido ante a reacción do goberno da Deputación e asegurou que esta reacción lles parece ridícula e fóra de lugar.
Para Moldes o goberno provincial non procura nada máis que facer titulares e política barata e avisa que esta non vai ser a última visita de Rueda á Deputación.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/19/carmela_contra_rueda_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/19/carmela_contra_rueda.mp4{/flowplayer}