Piden a integración de Boiro no Plan de Transporte Metropolitano

    BOIRO> O BNG de Boiro vén de rexistrar unha iniciativa plenaria a través da que reclama que o concello lle solicite á Xunta a súa integración no Plan de Transporte Metropolitano da área de Santiago. Os nacionalistas consideran que hai moitos veciños, que por diferentes motivos, se teñen que desprazar habitualmente a Santiago e outras localidades veciñas que poderían beneficiarse desta iniciativa, tal e como fixeron outros municipios próximos, como é o caso de Rianxo ou Padrón. A solicitude do BNG non queda só hai, xa que solicita tamén que se promova dende a propia Administración Local o emprego do transporte público colectivo.