Indignación na Pobra pola imaxe ofrecida nun programa de Cuatro

    POBRA> Unha reportaxe sobre o caso Diana Quer no programa “En el punto de mira”, presentaban á localidade como a capital española do narcotráfico e como un concello con alta taxa de criminalidade. Esta mañá na Pobra non se falaba doutra cousa. Nas cafeterías, no mercado, ou na Alameda. Unha opinión xeneralizada, que comparten tamén os turistas que nos visitan, como esta muller, procedente de Canarias, que está de vacacións na Pobra. A indignación é absoluta entre a veciñanza, na rúa e tamén nas redes sociais, trala emisión na canle de televisión nacional Cuatro, dunha imaxe da vila que nada ten que ver coa realidade. Ao contrario do que afirman na reportaxe a xente da Pobra, non cala, Fala, e faino, ben claro. Neste sentido, e tal e como nos confirmaron desde a alcaldía da Pobra, o goberno local púxose en contacto coa oposición do municipio, e está previsto que mañá xoves comparezan xuntos en rolda de prensa para facer públicas as medidas que respecto deste tema ten pensado tomar o concello pobrense.