As mellores camelias exhibiranse na XII mostra de Rubiáns

VILAGARCÍA> A Camelia será a protagonista esta fina de semana en Vilagarcía. O centro sociocultural de Rubiáns acollerá a décimo segunda exposición desta planta en Vilagarcía. 50 expositores mostrarán a beleza desta flores.

A parroquia de Rubiáns acollerá unha nova edición da exposición da Camelia. O certame, que alcanza a súa décimo segunda celebración, ten como obxectivo mostrar a beleza desta planta e fomentar a súa plantación entre os veciños da comarca. A inauguración terá lugar o sábado ás 17 horas.

Na mostra participan os propios veciños de Rubiáns expoñendo as súas plantas. O domingo completarase con actuacións musicais e a visita ao Pazo de Rubiáns.

Dende a organización destacaron o apoio que reciben por parte do concello. Tamén advertiron que o bo tempo destes días favorecerá a que as camelias luzan máis fermosas.

A mostra contará con máis de 50 expositores. Ademais da exposición, a celebración contará con postos de venda de camelias para seguir fomentado a súa plantación entre os veciños. O escenario principal volverá a contar cunha novidosa presentación.